¿Pode o sol dañar os ollos dos nosos cas?

Publicado: 11 octubre, 2012 en Las enfermedades que afectan a nuestras mascotas
Etiquetas:, , , ,

A ENFERMIDADE OCULAR DO PASTOR ALEMÁN.

Unha das enfermedades oculares que se manifestan máis no verán é a chamada queratitis superficial crónica ou pannus.

Ollo de pastor alemán afectado

Trátase dunha inflamación granulomatosa da córnea, que é a parte máis externa do globo ocular, que en vez de ser transparente e sen vasos sanguíneos vóltase como con un aspecto primeiro de tipo rojizo pola aparición de vasos sanguíneos, unha cor azulada-blanquecina e por último remata sendo de cor negruzca por acumulación de pigmentos que avanzan a través de eses vasos sanguíneos que se foron formando nunha zona onde non debería habelos.

O pastor alemán e sin duda a raza máis afectada e normalmente, como ocurre neste caso, o proceso afecta os dous ollos.

Afecta fundamentalmente ó Pastor Alemán e os seus cruces, aínda que se describiu con frecuencia noutras razas como Borzoi, Border Collie e Teckel. Sin embargo, pódese diagnosticar ocasionalmente en casi calquera raza de cans.

Visión da intensa afectación da cornea, donde se aprecia a severa queratitis, neovascularización e queratinización. Esta mascota esta casi cega, antes de inicialo tratamento.

Aínda que a causa que produce esta patoloxía é desconocida, está ampliamente aceptado o feito de que se trata dunha enfermidade inmunomediada, quizás como resposta de rechazo do organismo (neste caso da córnea do ollo) á luz ultravioleta do sol. Probablemente tamén existan outras causas e en combinación apareza o proceso, como pode ser a xenética (hereditaria), hipersensibilidade, etc.

Os signos clínicos son bilaterales, aínda que a evolución dun e outro lado pode ser cunha velocidade diferente, dando lugar a unha progresiva vascularización superficial e pigmentación, xeralmente empezando nun lateral (área temporal) e progresando hacia o centro. Se se deixa evolucioar pode chegar a afectar a toda a córnea e provocar cegueira do animal. É un proceso non ulcerativo e non doloroso. Tamén pode observarse un certo grao de engrosamento da terceira pálpebra e cando afecta só a esta parte chámase plasmoma.

A apariencia das lesións e os datos clínicos soen ser suficientes para o diagnóstico, se ben poden facerse citoloxías ou biopsias corneais nos casos dudosos observándose unha inflamación linfoplasmocitaria.

A queratitis pigmentaria ou pannus non se pode curar. Sen embargo, pode mellorarse e controlarse que o obxectivo cando se instaura tratamento nestes casos con un tratamento crónico de por vida e controis veterinarios.

No Pastor Alemán canto máis cedo sexa a idade de aparición, máis severa será a súa evolución e peor será a súa resposta ó tratamento. O proceso será máis suave e de mellor resposta despois dos 5-6 anos do paciente e sobre todo se éste vive en zonas de baixa altitude.

Existen diferentes tipos de tratamentos e a súa combinación, dende medicación subconxuntival posta polo veterinario ata medicación que o propietario ten que poñer na casa, sobre todo básase en ciclosporina A tópica (tratamento de elección)  e corticoides tópicos, subconxuntivais, sistémicos, etc en función de cada caso. Tamén existen outros tratamentos alternativos como as radiacións beta e cirúrxicos como a queratectomía superficial. Ésta última debe facerse despois dun longo tratamento previo co que haberá que continuar despois da cirurxía, debe reservarse para pacientes con serios problemas visuais.

Ollo gravemente afectado, con lesión na práctica totalidad da cornea.

A maioría dos pacientes permanecerán sempre con un certo grao de vascularización e/ou pigmentación. O importante é conseguir un control que permita unha visión adecuada do animal e un bloqueo adecuado da progresión da enfermidade. O tratamento ten que ser de por vida, con variacións en canto a frecuencia e tipo de tratamento, pero non debe interrumpirse pois esto favorecerá a recidiva cunha maior agresividade. Debe evitarse, na medida do posible, a exposición do animal ós raios solares e moitas veces sería útil para tal fin utilizar gafas especiais para protexer os ollos do sol.

Lorena Pérez Fernández                                                                       .

Veterinaria oftlamóloga

Hospital veterinario Abros

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s